Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 20 de setembro de 2019, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 21 de agosto de 2019, ditada no expediente sancionador AC-033/2019, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao establecemento que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 20 de setembro de 2019

Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-033/2019.

NIF: 76967354Q.

Establecemento: Ponte Barbanza.

Enderezo: lugar de Ponte Barbanza, 28-baixo.

Localidade: A Pobra do Caramiñal.

Preceptos infrinxidos: art. 109.2, alínea a) e 109.6 da Lei 7/2011.

Resolución: 21 de agosto de 2019.

Sanción: multa por importe de trescentos euros (300 €).