Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de setembro de 2019, do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) que, con data do 13 de setembro de 2019, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

Á vista da disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, e en cumprimento do establecido no seu artigo 35, unha vez revisada a documentación e os planos que a compoñen, por este acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de concentración parcelaria de San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña).

Conforme o disposto no número 3 do artigo 16 da dita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderanse presentar na Xefatura Territorial da Coruña (Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, nº 2), nas oficinas centrais da consellería, en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n) ou en calquera das dependencias a que fai referencia a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 19 de setembro de 2019

Ana Arizón Fanlo
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña