Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación da resolución de recurso de alzada das bases definitivas na zona de concentración parcelaria de Briallos (Portas-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, de conformidade coa normativa sectorial aplicable e os artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro que consideren pertinente.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 2º; teléfono 986 80 54 40).

Pontevedra, 17 de setembro de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto que se notifica

RABRI-46

76933654B

Resolución de recurso de alzada