Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de setembro de 2019 polo que se notifica o informe de contestación ás alegacións presentadas durante o trámite de información pública da actuación do anteproxecto do novo emisario submarino da EDAR de Praceres, na ría de Pontevedra, de clave OH.336.1129.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o informe de contestación ás alegacións presentadas durante o trámite de información pública da actuación sinalada.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, sitas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do informe e a constancia do tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2019

Teresa Mª Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Clave expediente: OH.336.1129.

Interesados:

NIF

35264478G

35300567E

35293180W

44075112M

Acto que se notifica: informe de contestación ás alegacións presentadas durante o trámite de información pública da actuación do anteproxecto do novo emisario submarino da EDAR de Praceres na ría de Pontevedra, de clave OH.336.1129.