Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 19 de setembro de 2019, da Área Provincial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente LU02504:28.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, Edificio Administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 19 de setembro de 2019

Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU02504:28.

DNI: X8135167K.

Acto obxecto de notificación: resolución de renuncia de vivenda.