Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43509

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela J4a02 do parque empresarial da Sionlla.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xullo de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela J4a02 do parque empresarial da Sionlla, promovido por Leirón Xestión, S.L. e asinado polo equipo técnico Entyl Ingenieros, S.L., sen modificacións respecto do aprobado inicialmente.

A parcela está situada na confluencia das rúas de Castela e León, País Vasco e Rioxa, e figura no Catastro coa referencia 0905211NH4500F0000PG.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa e ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

De conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2019

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica