De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, da 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 19 de setembro de 2019
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE |
Acto obxecto de notificación |
32-BONAL-008/2017 |
Y3741475X |
Resolución de concesión da segunda prórroga da subvención do bono de alugueiro social |
32-BONAL-025/2019 |
72464632G |
Resolución de concesión da subvención do bono de alugueiro social |