Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ACORDO do 11 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lle dá publicidade ao inicio dun expediente de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos adoptado pola Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en Lugo:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Atención, Participación e Empregabilidade de Estudantes Universitarios do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditaría resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no suposto de que os interesados estean conformes coa obriga do reintegro, poderán facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

Lugo, 11 de setembro de 2019

María del Carmen Gueimunde González
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Importe

Curso

Causa

Arias Méndez, Michael Cantón

260,00 €

2017/18

1.10

Baptista Rancaño, Román

260,00 €

2017/18

1.10

Cardoso Murillo, Pablo Alfredo

2.102,24 €

2017/18

1.10

Liriano Familia, Brasmín

260,00 €

2017/18

1.10

Santos Echeverri, Cristian

260,00 €

2017/18

1.10

Sosa Sención, Jancarlos

1.896,11 €

2017/18

1.10