Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, do procedemento para a execución de diversas actuacións tendentes a garantir a seguridade nos terreos afectados pola explotación mineira denominada Monteneme, nos termos municipais de Carballo e Malpica, da provincia da Coruña.

Tras tentarse practicar sen efecto a notificación da Resolución do 9 de agosto de 2019, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sobre execución de diversas actuacións tendentes a garantir a seguridade nos terreos afectados pola explotación mineira denominada Monteneme, nos termos municipais de Carballo e Malpica, aos interesados que se identifican a continuación, sen que ninguén se fixese cargo dela por estar ausente na repartición ou por resultar descoñecidos nos lugares sinalados para ese efecto, e ignorándose outros lugares de notificación, notifícase mediante o procedemento establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As persoas xurídicas interesadas identifícanse mediante o seu nome e NIF, e as persoas físicas identifícanse mediante o seu DNI completo, de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Persoas físicas interesadas

Persoas xurídicas interesadas

DNI

Nome

NIF

52674402D

Leitosa, S.A.U.

A15099583

02193108N

Inicia Energy, S.L.

B85178838

45278143K

Inversiones Imison, S.L.

B97117659

19506660S

O texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao dispor dos interesados durante un prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, na Sección de Minas (teléfono de contacto 981 18 49 13), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos únicos (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben, recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 18 de setembro de 2019

O xefe territorial da Coruña
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro; DOG nº 18, do 25.1.2018)
Juan José Iglesias Suárez
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas