Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43251

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 17 de setembro de 2019 pola que se modifica a autorización do centro privado Tomás Barros, da Coruña.

A titularidade do centro privado Tomás Barros, da Coruña, solicita a supresión progresiva do ciclo formativo de grao superior (CS) Promoción da igualdade de xénero e autorización para impartir un novo CS Educación infantil (2 unidades).

Conforme a Orde do 22 de maio de 2018 (DOG do 6 de xuño) o centro conta con autorización para impartir o CM (ciclo formativo de grao medio) Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades), o CS Educación infantil (2 unidades), o CS Integración social (2 unidades) e o CS Promoción de igualdade de xénero.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización e supresión de ensinanzas

Autorizar o ciclo superior (CS) Educación infantil e a supresión progresiva do CS Promoción de igualdade de xénero no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Tomás Barros.

Código do centro: 15032169.

Domicilio: r/ Ramón Mª Aller, 12, entresollado.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Araceli Barros Cao, S.L.

Composición resultante:

– 1 ciclo medio (CM) Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– 2 CS Educación infantil (4 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Integración social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

O CS Promoción de Igualdade de género quedará suprimido o día 31 de agosto de 2020.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional