Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43165

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do H2020.

7.5.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida para a implementación dun plan de actividades para impulsar a competitividade, a innovación e o potencial da biotecnoloxía como tecnoloxía facilitadora esencial do tecido empresarial galego no período 2019-2020.

22.5.2019

192.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador universitario beneficiario dunha axuda do ERC no marco do H2020.

20.6.2019

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Eduardo Pondal para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas na Costa da Morte.

3.7.2019

18.000,00 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa para o impulso da transferencia de tecnoloxía no sistema de I+D+i de Galicia.

19.7.2019

1.122.215,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L. para o cofinanciamento do proxecto Bioincubatech, incubadora de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía nos ámbitos da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes.

5.8.2019

188.266,67 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para o cofinanciamento do proxecto Bioincubatech, incubadora de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía nos ámbitos da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes.

5.8.2019

1.577.508,78 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela para o cofinanciamento do proxecto Bioincubatech, incubadora de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía nos ámbitos da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes.

5.8.2019

94.133,33 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC) para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2019-2020.

9.8.2019

960.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Concello de Santiago de Compostela para o proxecto Smartiago.

26.8.2019

6.180.000,00 €