Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43185

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Mediante a Resolución do 30 de agosto de 2019 (DOG núm. 170, do 9 de setembro) publicáronse as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2019 (DOG núm. 94, do 20 de maio).

A base VII.2 da convocatoria de concurso establece que as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Transcorrido o prazo establecido para presentar as correspondentes alegacións e unha vez examinadas estas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Elevar a definitiva a relación de solicitantes admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Publicar a relación definitiva de excluídos como anexo desta resolución.

A relación de persoas admitidas e excluídas poderá consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.

Contra esta resolución poderase interpoñer, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral da Función Pública ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Listaxe de solicitudes excluídas

Concurso Trl.: F0119-Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

1º Apelido

2º Apelido

Nome

NIF

NRP

Consellería

Motivo da exclusión

Rodríguez

Cid

Benito

***378***

Consellería do Mar

4

Causas de exclusión:

Cód. causa

Causa exclusión

4

Falta nomeamento para o corpo/categ. desde o que concursa