Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42988

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (102/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 102/2019, por instancia de Silviya Yuschiyr, contra a empresa Gesprobar Noroeste, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou sentenza con data 3.9.2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Silviya Yuschyk fronte á empresa Silviya Yuschyk Silviya Yuschyk, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Gesprobar Noroeste, S.L., á traballadora.

– Condénase a empresa Gesprobar Noroeste, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.118,04 euros. O aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 50,82 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Gesprobar Noroeste, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza