Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42785

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 24 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2019 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

BDNS (Identif.): 474663.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas que non resultasen beneficiarias da concesión da subvención a través da Resolución do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR949A).

Segundo. Obxecto

Por esta resolución procédese á segunda convocatoria para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos para o ano 2019.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos son as aprobadas a través da Resolución do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR949A), que se publicou no DOG número 98, do 24 de maio.

Cuarto. Importe

Para o exercicio económico do ano 2019, o crédito orzamentario para financiar estas axudas é de 1.916.089,69 €, con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.441A.780.1, Convocatoria para equipamento deportivo ás entidades deportivas, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Quinto. Prazo para presentar as solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, non será necesario a presentación dunha nova solicitude por parte das entidades solicitantes ao abeiro da Resolución do 22 de maio de 2019, cuxa solicitude fose desestimada con base na non dispoñibilidade de crédito desa convocatoria. Neste suposto, a Administración incorporará e tramitará de oficio aquelas solicitudes á presente convocatoria, notificándolles esta circunstancia ás entidades afectadas.

Non obstante, dentro do prazo de presentación de solicitudes, as mencionadas entidades poderán manifestar a súa desistencia ou modificar as solicitudes incorporadas de oficio pola Administración. Neste suposto será necesario a presentación dunha nova solicitude de acordo co anexo III.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte