Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42729

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Montederramo

ANUNCIO de información pública sobre a delimitación do núcleo rural de Vilariño Frío.

De acordo co previsto no artigo 78.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente de delimitación do núcleo rural de Vilariño Frío a información pública por un período de dous meses, contado desde a última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, na Secretaría do concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Montederramo, 19 de setembro de 2019

Rubén Vilar Bolaño
Alcalde en funcións