Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, procedemento abreviado 114/2019.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 114/2019 (procedemento abreviado), de María Multa González, contra a resolución do recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 31 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inician os procedementos para solicitar un grao de carreira consonte o réxime transitorio e excepcional de encadramento, e para solicitar o grao inicial, en aplicación do Acordo de carreira profesional publicado no Diario Oficial de Galicia do 30 de xullo de 2018 (DOG núm. 149, do 6 de agosto).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019

A directora xeral de Recursos Humanos
P.S. (Artigo 18.3 do Decreto 43/2013 e 9.d) da Orde do 5.7.2012)
María Jesús Rúa Moure
Subdirectora xeral de Selección e Políticas de Persoal