Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42589

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR342A).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 163, do 29 de agosto de 2019, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 38162, no punto 10 do artigo 5, onde di: «10. Taxa de estabilidade: a porcentaxe do persoal traballador fixo sobre o total do cadro de persoal, no mes en que se solicita a subvención, no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.», debe dicir: «10. Taxa de estabilidade: a porcentaxe do persoal traballador fixo sobre o total do cadro de persoal, no mes da contratación pola que se solicita a subvención, no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.».

Na páxina 38181, no artigo 29.1.b), onde di: «b) Informe de vida laboral dun código conta de cotización correspondente aos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación inicial, a transformación do contrato temporal en indefinido (desagregado mes a mes), máis o do correspondente ao do mes en que se realiza a dita contratación ou transformación.», debe dicir: «b) Informe de vida laboral dun código conta de cotización correspondente aos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación inicial ou a transformación do contrato temporal en indefinido (desagregado mes a mes), máis o correspondente ao mes en que se realiza a dita contratación ou transformación. No caso de ter varias contas de cotización, deberá presentalas.».

Na páxina 38185, no artigo 32, punto 1, suprímese a alínea b), quedando este punto 1 redactado do seguinte xeito:

«1. Para as contratacións indefinidas iniciais é obriga das entidades beneficiarias destas axudas manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada durante un período de dous anos contado desde a data de realización da contratación.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación indefinida inicial realizada cunha persoa traballadora desempregada pola cal se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que cause baixa. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.».

Na páxina 38185, no artigo 32, punto 2, suprímese a alínea b), quedando este punto 2 redactado do seguinte xeito:

«2. Para as transformacións de contratos temporais en indefinidos é obriga das entidades beneficiarias destas axudas manter no seu cadro de persoal a traballadora contratada durante un período de dous anos contado desde a data de realización da transformación do contrato temporal en indefinido.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova transformación dun contrato temporal en indefinido ou, de non ser isto posible, cunha contratación indefinida inicial, realizada cunha persoa traballadora desempregada pola cal se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que cause baixa. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.».

Na páxina 38188, no artigo 33.2, onde di: «2. Procederá o reintegro total da axuda e, polo tanto, non caberá a substitución nin o reintegro parcial, naquelas contratacións cunha duración temporal inicial igual ou superior a tres meses en que non se cumpra o tempo de duración do contrato subvencionado.», debe dicir: «2. Procederá o reintegro total da axuda e, polo tanto, non caberá a substitución nin o reintegro parcial, naquelas contratacións cunha duración temporal inicial igual a tres meses en que non se cumpra o tempo de duración do contrato subvencionado.».

Na páxina 38188, no artigo 33.3, onde di: «3. Para as contratacións iguais ou superiores a tres meses procederá o reintegro das axudas cando se produza algunha das seguintes circunstancias:», debe dicir: «3. Para as contratacións superiores a tres meses procederá o reintegro das axudas cando se produza algunha das seguintes circunstancias:».