Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Ourol, situado no concello de Ourol (Lugo), e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Ourol, S.L.U. (expediente LU 11/145 EOL).

Examinada a solicitude de Greenalia Wind Power Ourol, S.L.U. (en adiante a promotora) sobre a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto modificado do parque eólico Ourol, constan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico promovido por Enebro Ourol, S.L.U., cunha potencia de 24 MW.

Segundo. O 28.6.2011, Enebro Ourol, S.L.U. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico.

Terceiro. Por Resolución do 11 de xuño de 2012, da xefatura territorial, sometéronse a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 11.7.2012 e no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no xornal La Voz de Galicia, ambos do 25.6.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios da xefatura territorial e do concello afectado (Ourol).

Cuarto. Por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de outubro de 2014 autorizáronse as instalacións, aprobouse o proxecto de execución e declarouse a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Ourol, situado no concello de Ourol (Lugo) e promovido pola sociedade Enebro Ourol, S.L.U. cunha potencia total de 24 MW, o cal se fixo público por Resolución do 31 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 90, do 11.5.2018).

Quinto. Con data do 24.4.2018 autorizou a Dirección Xeral de Enerxía e Minas a transmisión de titularidade do parque eólico Ourol a favor de Greenalia Wind Power Ourol, S.L.U.

Sexto. Con data do 4.5.2018 Greenalia Wind Power Ourol, S.L.U. solicitou unha modificación non substancial, aprobación do proxecto sectorial, declaración de especial interese e modificación da declaración de utilidade pública do parque eólico.

Sétimo. O 7.6.2018, o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o parque eólico referido, o que ten como efectos a tramitación de forma prioritaria e con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento.

Oitavo. Con data do 27.11.2018, a promotora presentou unha nova modificación do proxecto do parque eólico, consistente no cambio de modelo de aeroxerador marca Lagerwey (Enercon) L 136 de 4,5 MW de potencia unitaria reducíndose o número de aeroxeradores de oito a cinco polo que a potencia total instalada diminúe desde os 24 MW autorizados ata os 22,5 MW, solicitando un novo recoñecemento como non substancial, achegando o 30.11.2018 a correspondente documentación técnica.

Noveno. Mediante Resolución do 28 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, recoñeceuse como non substancial a modificación do parque eólico Ourol, situado no concello de Ourol (Lugo), e recollida no punto anterior.

Décimo. O 23.4.2019 a xefatura territorial informou que as modificacións do parque eólico non afectan máis dereitos mineiros dos reflectidos nos informes da xefatura territorial xa emitidos nas datas do 1.6.2012, do 6.8.2012 e do 17.7.2018, os cales establecen a caducidade dos dereitos afectados.

Décimo primeiro. Con data do 24.4.2019 a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados do proxecto modificado do parque eólico de acordo co recollido na resolución do punto noveno.

Décimo segundo. Mediante Resolución do 3 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, someteuse a información pública a solicitude de modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, referida ao proxecto modificado do parque eólico Ourol promovido por Greenalia Wind Power Ourol, S.L.U., no concello de Ourol (Lugo).

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 16.5.2019, e no xornal El Progreso do 16.5.2019 e tamén na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así mesmo, permaneceu exposta ao público na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo e no concello afectado de Ourol que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período en que a devandita solicitude se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Décimo terceiro. O 30.5.2019, o Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo informou que o parque eólico afecta o monte veciñal en man común de Serra de Loibán, Costa de Cebrán e Pico Raso, e o convenio que este monte ten asinado coa administración forestal.

Décimo cuarto. Con data do 17.7.2019 a promotora achega a resolución da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal sobre unha ocupación no monte veciñal en man común de Serra de Loibán, Costa de Cebrán e Pico Raso mediante a cal se autoriza a ocupación para a instalación do parque eólico Ourol.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e no artigo 44.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Ourol, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico

Predio

Parcela

Propietario

Afeccións (m2)

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Nome

Pleno dominio

Serv. de paso

Serv. de voo

Ocup. temp.

Pol.

Parc.

Cim.

Plat.

T. met.

Sub.

Vial

Gabia

22

152

209

Fernan Correa

Eucaliptos

Blanco Suárez María Laura

126

33

23

152

251

Capela

Piñeiral madeireiro

Suárez Bahamonde María Dolores

113

32

24

152

194

Capela

Piñeiral madeireiro

Pardo Pombar Jesús Gonzalo

126

35

25

152

189

Capela

Piñeiral madeireiro

Hermida Gómez Cándida

93

2

26

152

188

Capela

Piñeiral madeireiro

Pardo Teijeiro Félix

36

29

152

187

Capela

Piñeiral madeireiro

Pardo Teijeiro Félix

51

32

30

152

183

Capela

Piñeiral madeireiro

Vázquez Martínez Ramón

172

47

31

152

180

Capela

Piñeiral madeireiro

Salgueiro Abad Guillermo

221

53

35

152

164

Capela

Piñeiral madeireiro

Ramudo Gómez Flora (herdeiros de)

185

91

36

152

159

Cabaneiro

Piñeiral madeireiro

Soto Fraga Plácido

165

95

17

39

152

165

Capela

Piñeiral madeireiro

Ramudo Gómez Flora (herdeiros de)

107

40

152

158

Cabaneiro

Piñeiral madeireiro

Soto Fraga Plácido

73

50

46

152

100

Sobre Cufe

Piñeiral madeireiro

Prieto Rivera Manuel

155

16

534

47

152

101

Sobre Cufe

Piñeiral madeireiro

García Otero Néstor Manuel

Gómez García Francisco José

Gómez García Avelino

164

11

478

48

152

103

Sobre Cufe

Piñeiral madeireiro

Corbelle Díaz María
Corbelle Rouco Dalmacio (herdeiros de)

Corbelle Díaz Asunción
Corbelle Díaz José Ramón

228

345

1.766

50

152

107

Sobre Cufe

Piñeiral madeireiro

Balsa Vázquez José Luis

824

6

823

51

152

108

Sobre Cufe

Piñeiral madeireiro

López Permuy Carmen (herdeiros de)

Guerreiro López Guadalupe

609

325

26

57

152

144

Cabaneiro

Piñeiral madeireiro

Pardo Pombar Jesús Gonzalo

60

576

2

155

1.766

58

152

143

Cabaneiro

Piñeiral madeireiro

Rivera González Manuel Francisco

Sánchez Rivera María Jesús

20

27

20

75

59

152

140

Cabaneiro

Piñeiral madeireiro

García Otero Néstor Manuel

Gómez García Francisco José

Gómez García Avelino

57

30

14

62

152

132

Cabaneiro

Matogueira

Pernas Bouza Jesús Ramón

44

63

152

129

Cabaneiro

Matogueira

Chao Chao José (herdeiros de)

66

90

64

152

128

Cabaneiro

Eucaliptos

Prieto Rivera Concepción

146

82

65

152

126

Campo das Cancelas

Piñeiral madeireiro

Prieto Rivera Amador

496

74

67

152

109

Sobre Cufe

Piñeiral madeireiro

Prieto Rivera Tomás

465

68

152

110

Sobre Cufe

Eucaliptos

Fernández Gómez Manuel (herdeiros de)

291

5

69

152

111

Sobre Cufe

Matogueira

Miguel Sánchez Ricardo

159

1

70

152

112

Sobre Cufe

Matogueira

Rivera González Manuel Francisco

401

71

152

113

Sobre Cufe

Matogueira

García Otero Néstor Manuel

Gómez García Francisco José

Gómez García Avelino

170

72

152

114

Sobre Cufe

Matogueira

Prieto Rivera José (herdeiros de)

248

77

152

121

Campo das Cancelas

Matogueira

Guerreiro Fernández María Vicenta (herdeiros de)

18

83

78

152

120

Campo das Cancelas

Matogueira

Prieto Rivera Manuel

95

79

152

119

Campo das Cancelas

Piñeiral madeireiro

Rivera González Manuel Francisco

Sánchez Vázquez Gilberto

29

81

152

116

Campo das Cancelas

Piñeiral madeireiro

Rivera González Manuel Francisco

Sánchez Vázquez Gilberto

121

347

82

156

249

Campo das Cancelas

Eucaliptos

Miguel Sánchez Ricardo

31

98

83

156

250

Campo das Cancelas

Eucaliptos

Miguel Sánchez Ricardo

82

100

155

17

Rego de Ramos

Piñeiral madeireiro

Moreiras Sánchez María José

12

118

156

100

Teixoeiras

Matogueira

Hermida Vázquez Juan Antonio Cándido

2.358

119

156

101

Teixoeiras

Piñeiral madeireiro

Carrera Pardo Margarita

1.077

122

156

104

Teixoeiras

Piñeiral madeireiro

Vizoso Fernández María Coral

564

1.192

238

3.352

123

156

105

Teixoeiras

Piñeiral madeireiro

Pardo Vázquez María Camelia

721

24

58

970

128

155

228

Rego de Ramos

Eucaliptos

Vázquez Vázquez María Olga

Vázquez Vázquez Yolanda

Vázquez Vázquez María Oliva

125

165

134

155

234

Cruz

Piñeiral madeireiro

Viñas Gómez Arturo (herdeiros de)

2

135

155

235

Cruz

Eucaliptos

Descoñecido

13

136

155

236

Cruz

Eucaliptos

Rodríguez Hermida María Mercedes Olanda

17

137

155

237

Cruz

Eucaliptos

Viñas Gómez Arturo (herdeiros de)

65

140

155

238

Prado do Pico

Matogueira

Descoñecido

11

49

937

141

155

241

Pico Grande

Piñeiral madeireiro

Pernas Fernández Purificación

6

54

1.356

143

155

245

Pico Pequeno

Piñeiral madeireiro

Cuba Gómez Francisco Maderas Cuba, S.L.

26

200

20

58

770

148

156

124

Potobella

Matogueira

Rodríguez Rodríguez Haydee
Fernández Rodríguez Nefer Eugenia (herdeiros de)

Fernández Rodríguez Ananda

532

149

156

125

Potobella

Piñeiral madeireiro

Rey Balseiro Carlos

17

1.582

156

155

252

Prado da Fonte

Matogueira

Gómez Lagar Élida

621

51

66

157

155

256

Pico Pequeno

Matogueira

Lagar Chao Rogelio

364

79

163

156

119

Potobella

Piñeiral madeireiro

Rodríguez Rodríguez Haydee
Fernández Rodríguez Nefer Eugenia (herdeiros de)

Fernández Rodríguez Ananda

77

169

155

274

Chao

Eucaliptos

Orosa Pita Ricardo (herdeiros de)

1.587

42

174

155

275

Chao

Piñeiral madeireiro

Franco Insua José Antonio

1.843

177

155

280

Penela

Eucaliptos

Orosa Pita Ricardo (herdeiros de)

840

30

103

178

155

281

Penela

Matogueira

Canda Pardo Ana María
Pardo Pedre María Dolores (herdeiros de)

27

53

179

155

282

Penela

Robledal

Pita Chao María Antonia

53

32

183

156

137

Prado de Milleiro

Matogueira

Guerreiro Chao Ovidio

Guerreiro Chao Margarita

14

189

161

154

Campo Capilla

Matogueira

Descoñecido

336

50

199

161

135

Cason

Matogueira

Descoñecido

220

200

161

173

Pico do Golpe

Eucaliptos

Orosa Pita Ricardo (herdeiros de)

147

205

161

137

Sobre do Camiño

Matogueira

Descoñecido

42

211

161

178

Pico do Golpe

Matogueira

Orosa Pita Ricardo (herdeiros de)

176

45

1.749

232

161

54

Coto da Cruz

Matogueira

Descoñecido

288

246

185

20

Chao da Pena

Prado

Penabad Vázquez Francisco (herdeiros de)

11

247

185

21

Chao da Pena

Matogueira

Arias Sampedro Dolores

9

257

185

38

Por Lopez

Matogueira

Castro Rouco Leonor (herdeiros de)

44

259

184

7

Por Lopez

Matogueira/Pinar

Franco Castelo Dulce María

25

261

184

62

Tarreo Medio

Prado

Castro Rouco Leonor (herdeiros de)

268

204

262

184

63

Tarreo Medio

Labor

Maseda Prieto Celia

243

86

263

184

66

Campo

Labor

Balsa López Ramón (herdeiros de)

317

216

264

184

64

Tarreo Medio

Labor

García Barro Dolores (herdeiros de)

129

213