Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento del.
Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Nº de expediente |
NIF/razón social |
Programa de axudas |
Data da resolución |
Órgano que dita a resolución |
Notificación |
IG107.2017.2.32 |
47314691B |
Axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia Emprende) (Resolución do 30 de marzo de 2017; DOG núm. 73, do 17 de abril) |
27.6.2019 |
Director xeral do Igape |
Resolución de denegación de modificación |
IG204.2016.1.156 |
77107535N |
Axudas ao apoio financeiro ás pemes-bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 154, do 17 de agosto) |
11.6.2019 |
Director xeral do Igape |
Resolución de concesión de axuda |
IG204.2016.1.233 |
Move Servicios de Ocio y Deporte, S.L. |
Axudas ao apoio financeiro ás pemes-bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 154, do 17 de agosto) |
4.6.2019 |
Director xeral do Igape |
Resolución de concesión de axuda |
IG204.2016.1.269 |
Pepe Vieira, S.L. |
Axudas ao apoio financeiro ás pemes-bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 154, do 17 de agosto) |
11.6.2019 |
Director xeral do Igape |
Resolución de concesión de axuda |
IG206.2016.1.98 |
33550902C |
Microcréditos-bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 153, do 12 de agosto) |
14.6.2019 |
Director xeral do Igape |
Resolución de concesión de axuda |
IG206.2016.1.100 |
Teñochoxá, S.L. |