Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de setembro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita de inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce actividade turística.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación de cesamento da actividade, esta área provincial acordou, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 7/2001, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

Os titulares dispoñen dun prazo de quince (15) días para faceren as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles na Área Provincial de Turismo de Lugo.

Lugo, 11 de setembro de 2019

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Disco Bar Kuko.

Titular: Mª Josefa Vázquez Pena.

Enderezo: avenida de Lugo, nº 20.

Concello: Guitiriz.

Establecemento: Rodas.

Titular: Julio Testa.

Enderezo: lg. Rodas.

Concello: A Fonsagrada.

Establecemento: Club Náutico.

Titular: Mª Fe López López.

Enderezo: lg. Ribeira.

Concello: Foz.

Establecemento: El Náutico.

Titular: Nélida Martul.

Enderezo: rúa Deputación.

Concello: Foz.