Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2019 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento e a resolución de retención de pagamento do expediente IG204.2016.1.227.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución ponse en coñecemento da empresa de Recuncho dos Cuturros, S.L.U., titular do expediente IG204.2016.1.227, relativo ás axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 154, do 17 de agosto), que con data do 27.5.2019 o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas na resolución de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determinar o seu alcance, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida, e suspender o pagamento ata que se dite a resolución que poña fin ao procedemento de incumprimento.

O acto obxecto deste anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Concédeselle ao titular do expediente un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia deste presunto incumprimento. Así mesmo, a resolución de retención de pagamento esgota a vía administrativa e contra ela o titular do expediente poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderá interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto ao interesado neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica