Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 11 de setembro de 2019 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/84/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 24 de xuño de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico de protección ordinaria consistentes en construción dunha edificación tipoloxía residencial (vivenda unifamiliar illada), executada en planta baixa e primeira, cerramentos de cachotaría de pedra disposta de xeito tradicional con encintado claro, carpintarías de aluminio imitación madeira, e cuberta de tella, as obras están situadas no lugar de Vilanova, no termo municipal de Coles, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Luis Doforno Lorenzo, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística