Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 2/2019, relativo á concesión da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial colectivo na Coruña, promovido por Breogán Park, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial colectivo na Coruña, promovido por Breogán Park, S.L.U.

Para estes efectos, en cumprimento da información que se debe outorgar ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Breogán Park, S.L.U. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica relativa á implantación dun establecemento comercial colectivo na Coruña.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia, e no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano do que se pode obter información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 3º andar, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

e) A participación do público poderase realizar durante o prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán tomar vista do expediente durante o referido período.

Así mesmo, poderán formular as alegacións, observacións e suxestións que xulguen oportunas, que se deberán dirixir á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentar por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte (20) días hábiles a partir da data de publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2019

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo