Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40666

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 17 de setembro de 2019 pola que se modifica o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos previstos na Orde do 7 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR323C).

A Orde do 7 de maio de 2019 (publicada no DOG núm. 94, do 20 de maio) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019, establece no artigo 10 como prazo máximo para presentar a correspondente licenza municipal de obras ou calquera outro permiso administrativo, o 20 de setembro de 2019.

E ante as peticións de diferentes organismos para prolongar o dito prazo co fin de poder emitir os preceptivos permisos, cómpre ampliar o dito prazo de presentación da licenza municipal e do resto de permisos administrativos.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

A data de presentación da licenza municipal e do resto de permisos administrativos prevista no artigo 10 da Orde do 7 de maio de 2019 ata o 20 de setembro de 2019, amplíase ata o 20 de outubro de 2019, inclusive.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural