Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40636

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 134/2017)

PO procedemento ordinario 134/2017

Sobre ordinario

Demandante: María Elena Maroño Ferreiro

Avogado: Francisco Manuel Carrajo Soneira

Demandados: Iberia Líneas Aéreas de España, S.A.,Operadora Sociedad Personal, Logistair Logística y Servicios, S.L., Fogasa, Aga Airlines Ground Assistance, S.L.

Avogados: Paula Muñoz Vega, letrado de Fogasa

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Elena Maroño Ferreiro contra Logistair Logística y Servicios, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº de procedemento ordinario 134/2017 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Logistair Logística y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 19.11.2019 ás 10.30 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Logistair Logística y Servicios, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza