Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 18 de setembro de 2019 Páx. 40504

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do VI convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres.

Visto o acordo da comisión paritaria do VI convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres (código 82000565012002), subscrito na reunión que tivo lugar o 28.6.2019 entre a representación empresarial Agesef e Fegaserfu e as organizacións sindicais UGT e CC.OO. e, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da comisión paritaria do VI convenio colectivo autonómico para o sector

de pompas fúnebres de Galicia

En Santiago de Compostela, sendo as 11.00 horas do día 28 de xuño de 2019, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24-baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, e que forman a comisión paritaria do VI convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia.

Representación empresarial:

Por parte de Agesef:

José Luis Varela Tabarés.

Pedro de Diego Olavarrieta.

Por parte de Fegaserfu:

José Becerra Vázquez.

Jorge Balado Blanco (representado por José Becerra Vázquez).

Representación sindical:

Por parte de UGT:

Óscar Souto Collazo.

Miguel Ángel Soto García.

Pablo Mosquera Rico (representado por Miguel Ángel Soto García).

Serafín Álvarez Seoane.

Montserrat Lamas Castro.

Por parte de CC.OO.:

Juan Manuel Baliñas Touzón.

O motivo da reunión é proceder á valoración e á análise da solicitude dirixida a esta comisión paritaria por Roberto Alonso Iglesias, actuando en calidade de secretario nacional de negociación colectiva da Federación de Servizos da CIG, relativa ao contido do artigo 12 do VI convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia.

Logo do oportuno debate e exposición de posturas e pareceres por todas e cada unha das representacións presentes, procede reflectir en acta o seguinte:

Primeiro. Esta comisión acorda a inclusión do texto da acta da reunión que tivo lugar pola mesa de negociación do VI convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia do día 31.1.2019 no artigo 12. «Ascensos, traslados e permutas» do referido VI convenio colectivo, que textualmente di «promocionarán de azafato/a de terceira a segunda aos seis meses da súa contratación, e de segunda a primeira ao ano e medio da súa contratación. En calquera caso todos aqueles azafatos/as que xa leven máis de un ano e medio de contrato nas súas empresas accederán a categoría de primeira automaticamente».

Segundo. Esta comisión acorda delegar en Ignacio Bouza Gil, funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, a realización dos trámites pertinentes para o depósito, rexistro e publicación do contido da presente acta ante a Autoridade Laboral.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión, sendo as 12.00 horas do día sinalado no encabezamento, estendéndose para o efecto a presente acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.