Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 18 de setembro de 2019 Páx. 40494

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2019

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacions Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Segundo Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o siguinte acordo:

1. Como continuación do acordo asinado o día 12 de xullo de 2019 para iniciar negociacións coa finalidade de resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 26.3, 27.a) e 36.4 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, amplíase o obxecto deste aos artigos 13.4, 15.5.a) e 44.1 e 2 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

2. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 26 de xullo de 2019

A ministra de Política Territorial
e Función Pública
P.S. (Real decreto 351/2019,
do 20 de maio)
Luis Planas Puchades
Ministro de Agricultura, Pesca
e Alimentación

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro
de Presidencia, Administracións Públicas
e Xustiza