Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 17 de setembro de 2019 Páx. 40458

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 163/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 163/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Sol Villaverde Lagares contra Villar Romero Express 24, S.L. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros.

En Santiago de Compostela o trinta de agosto de dous mil dezanove.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza número 322/19, do 24.6.2019, ditada no procedemento DSP 183/19 a favor da parte executante, María Sol Villaverde Lagares, fronte a Villar Romero Express 24, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 5.537,88 euros en concepto de principal (920,57 euros en concepto de indemnización, 4.454,98 euros en concepto de salarios, 162,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre a cantidade anterior), máis outros 553,78 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo do seu posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o trinta de agosto de dous mil dezanove.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Villar Romero Express 24, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 5.537,88 euros en concepto de principal (920,57 euros en concepto de indemnización, 4.454,98 euros en concepto de salarios, 162,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre a cantidade anterior), máis outros 553,78 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0163 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Villar Romero Express 24, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Villar Romero Express 24, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2019

A letrada da Administración de xustiza