Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 13 de setembro de 2019 Páx. 40262

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública do Plan parcial do sector SUD-19 (expediente FG nº 607).

Por resolución desta alcaldía nº 3597/19, do 4 de setembro de 2019, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan parcial do sector SUD-19 Os Regos, en Oleiros (documento R.E. nº 04309, do 21.3.2019, e anexo complementario R.E. nº 11405, do 5.7.2019).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 6 de setembro de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente