Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 12 de setembro de 2019 Páx. 39962

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508B).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 24 de xuño de 2019 (DOG núm. 126, do 4 de xullo), as axudas a entidades privadas sen ánimo de lucro enmarcadas no programa para actividades de voluntariado.

O artigo 6 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 7 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 10 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 14 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 981 54 69 97.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado

Nº de exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2019/002

Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

G36797579

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2019/006

Asociación Orensana de Esclerosis Múltiple, ELA, Párkinson y otras Enfermedades Neurodegenerativas, AODEM

G32209983

• Anexo I: corrixir importe da subvención solicitada.

• Proxecto de actividades: revisar orzamento total e importe solicitado conforme o art. 5.3.

2019/008

Asociación Por Qué No Ayudar

G70529870

• Anexo I: indicar data de inicio e fin do proxecto, non da actividade de formación.

• Proxecto de actividades: indicar un nome para o proxecto e ampliar a información do proxecto coa preparación das xornadas, indicando data de inicio e fin de proxecto, non só da xornada formativa.

2019/010

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

• Proxecto de actividades: indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/012

Asociación Galega de Fibrose Quística, AGFQ

G15088396

• Anexo I: no anexo I presentado como mellora da solicitude hai moitos campos en branco e como entidade solicitante indicouse a persoa representante.

• Proxecto de actividades: o orzamento indicado para as medidas do PEVX non alcanza o mínimo establecido na orde de subvención (art. 7.1).

2019/013

Fundación Ronsel

G15752660

• Anexo I: corrixir o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

2019/016

Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo,

Cogami-Lugo

G27219773

• Proxecto de actividades: aclarar a que actividades corresponde o orzamento das accións relacionadas co PEVX indicado no anexo I de solicitude, xa que no proxecto presentado só se aprecia información de medidas do PEVX na actividade «Habilidades sociais e participación na comunidade», que ten un orzamento menor ao indicado no anexo I como gastos de actividades PEVX.

2019/017

Down Pontevedra Xuntos, Asociación Síndrome de Down

G36164887

• Anexo I: corrixir o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: o orzamento das accións relacionadas co PEVX indicado implica unha % inferior á establecida na orde (art. 7.1).

2019/018

Cooperación Internacional

G80829641

• Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/019

Fundación Hospital Asilo de Nuestra Señora de los Ángeles

G32008633

• Anexo I: revisar a información do orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: indicar algunha actividade relacionada con medidas do PEVX presentes na orde de subvención.

2019/023

Asociación Sociocultural ASCM

G15161573

• Anexo I debidamente asinado.

2019/025

Apamp, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral

G36624120

• Xustificar adecuadamente a elección da área «coordinación» no proxecto de actividades ou ben corrixir a dita área tanto no proxecto de actividades como no anexo I.

2019/027

Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer, Fagal

G15656739

• Anexo I: revisar orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto, revisar datas de inicio e fin do proxecto.

• Proxecto de actividades: concretar «gala solidaria», orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/029

Comunidade de Montes de Teis

V36841047

• Programa de actividades: indicar subvención solicitada e financiamento do importe non solicitado.

2019/030

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada

G27320225

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Anexo I: indicar nº de persoas beneficiarias e nº de persoas voluntarias e revisar concordancia das data de inicio respecto ao indicado no proxecto de actividades.

• Proxecto de actividades: indicar nº de persoas beneficiarias, nº de persoas voluntarias e número de días que participará cada unha delas (art. 7.1.a).

2019/031

Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros, Adisbismur

G15052137

• Anexo I: revisar o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto e asinar validamente o documento.

• Proxecto de actividades: indicar nº de persoas beneficiarias das actividades, revisar e aclarar as actividades e o orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/032

Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

• Proxecto de actividades: indicar nº de persoas beneficiarias e orzamento detallado das accións relacionadas co PEVX.

2019/034

Sociedade Amigos de Redondela, SOAR

G94175544

• Anexo I: revisar número de persoas beneficiarias, número de persoas voluntarias e marcar o recadro conforme se presenta o proxecto de actividades.

• Proxecto de actividades: indicar nome do proxecto, obxectivos, número de persoas voluntarias, número de persoas beneficiarias e orzamento desagregado (orzamento total, orzamento solicitado e quen asume a diferencia entre ambos).

2019/035

Fundación Abrente

G70397849

• Anexo I: indicar a subvención solicitada e corrixir o número de persoas beneficiarias e o número de persoas voluntarias.

• Proxecto de actividades: rectificar a información na actividade 1 que fai mención ao ano 2018 e a mención ás persoas voluntarias da páxina 5 que as identifica como as persoas beneficiarias.

2019/036

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

• Anexo I: corrixir a subvención solicitada e a % das accións relacionadas co PEVX con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: indicar o orzamento das accións relacionadas co PEVX, a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1) e as actividades concretas relacionadas con estas medidas, indicar quen asume a diferencia entre orzamento total e orzamento solicitado e rectificar a terminoloxía usada para referirse ao compromiso de colaboración no punto 2.2 e 2.3 do programa.

2019/037

Aspnais-Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo

G27018365

• Anexo I: corrixir subvención solicitada (art. 5.3) e revisar área na cal se solicita.
• Proxecto de actividades: revisar actividades, corrixir datas do proxecto na páxina 4 e importe solicitado.

2019/038

Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental

G15983570

• Anexo I: corrixir a subvención solicitada, o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1) e limitar as actividades indicadas ata o 31.10.2019 (art. 2).

2019/039

Asociación Alcer-Coruña, para a Loita contra as Enfermidades do Ril

G15058647

• Proxecto de actividades: indicar o número de persoas voluntarias e o número de persoas beneficiarias.

2019/040

Fademga Plena Inclusión Galicia (Federación Gallega de Asociaciones en Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual o del Desarrollo)

G36620037

• Anexo I: rectificar a data de inicio e a data de fin do proxecto.

• Proxecto de actividades: limitar o cronograma de actividades conforme o art. 5.1 da orde.

2019/042

Asociación pola Igualdade e a Coeducación, Apico

G94088549

• Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1), revisar na redacción do proxecto o uso de galego e castelán, a mención no punto 2 do ano do proxecto e no punto 3 do ano do proxecto.

2019/043

Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) da Provincia da Coruña, Aspanaes

G15048937

• Proxecto de actividades: rectificar as datas da xornada formativa na táboa de calendarización para as persoas voluntarias do número 29 ao 45.

2019/045

Asociación Mirabal

G70312954

• Anexo I: rectificar a data de fin do proxecto e o número de persoas beneficiarias para que sexa acorde co programa presentado.

• Programa de actividades: rectificar a anualidade do programa nas páxinas 5 e 6, revisar as sumas por partidas do orzamento, orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/047

Agrupación Xuvenil, Sociocultural, Recreativa y Deportiva Brigantium

G15404403

• Anexo I: rectificar o número de persoas beneficiarias para que sexa acorde co proxecto.

• Proxecto de actividades: revisar a información sobre o número de persoas voluntarias que van participar no proxecto (ver páx. 6 e 10). No caso de que a rectificación das cifras modifique o indicado no anexo I, rectificar tamén este dato no anexo I.

2019/048

Fundación Odontología Solidaria

G81833667

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Anexo I: rectificar a data de fin de proxecto, que ten que ser como máximo o 31.10.2019 (art. 2 da orde) e revisar a opción indicada como datos da efectos de notificación.

• Proxecto de actividades: eliminar a actividade 4, xa que é máis unha consecuencia da realización do proxecto que unha actividade propia da que participen as persoas voluntarias. Eliminar a mención a esta actividade no cadro de destinatarios da páxina 11 do proxecto.

2019/049

Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual, ACEESCA

G36021970

• Anexo I: rectificar a data de fin do proxecto, orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1) e adaptar a información dos días de actuación das persoas voluntarias ao prazo máximo do proxecto (art. 2 da orde).

2019/050

Club Deportivo Inclusivo Enki

G70505276

• Anexo I: revisar as información sobre o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1) e concretar as actividades relacionadas con estas medidas, revisar a mención ás datas de actividades na páx. 6 (ata xuño) e na páx. 12 (ata setembro) e revisar o texto final do proxecto que fai mención a un proxecto de formación.

2019/051

Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense Renacer

G32306623

• Anexo I: revisar importe solicitado (art. 5.3), orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: indicar nº de persoas beneficiarias, nº de voluntarios/as que participan en cada actividade e revisar orzamento solicitado, orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/052

Asociación Sociedade para o Estudo e Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico

G36999712

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Anexo I: revisar datos para os efectos de notificación, importe solicitado (art. 5.3), datas do proxecto, orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: revisar orzamento, importe solicitado, actividades realizadas polas persoas voluntarias, datas do proxecto e orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

• Revisar a concordancia do nº de persoas beneficiarias entre o indicado no anexo I e o indicado no proxecto.

2019/053

Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco

G15229057

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Proxecto de actividades: aclarar o orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar

a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/054

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

• Anexo I: nº de persoas beneficiarias acorde o indicado no proxecto.

• Proxecto de actividades: centrar as actividades e o orzamento dentro das datas de duración do proxecto, indicar orzamento desagregado das accións relacionadas co PEVX (art. 7.1).

2019/055

Fundación Juan Soñador

G24452435

• Anexo I: corrixir orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: indicar o orzamento das accións relacionadas co PEVX (art. 7.1).

2019/056

Cruz Roja Española, Comité Autonómico de Galicia

Q2866001G

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

2019/057

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra

G36704195

• Anexo I: corrixir o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: concretar as actividades e o orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/058

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia

G32302671

• Proxecto de actividades: corrixir datas na páxina 10, indicar número de persoas beneficiarias acorde coa solicitude e indicar número de días que participará cada unha das persoas voluntarias (art. 7.1).

2019/059

Asociación Solidariedade Internacional de Galicia

G36833648

• Anexo I: corrixir orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: corrixir o orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar

a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/061

Asociación Protectora de Animais do Camiño

G70459045

• Proxecto de actividades completo (art. 7.1).

2019/062

Asociación Cultural O Castro

G36116879

• Anexo I: revisar datos para os efectos de notificación e corrixir datos específicos do procedemento de acordo cos importes máximos e mínimos establecidos na orde da convocatoria.

• Proxecto de actividades: conforme art. 7.1.

2019/064

Asociación Xaruma

G27746486

• Anexo I: corrixir importe solicitado (art.5.3), orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: corrixir importe solicitado e orzamento das accións relacionadas co PEVX (art. 7.1).

2019/065

Asociación Búsqueda y Salvamento de Galicia

G70420021

• Proxecto de actividades: identificar as medidas relacionadas co PEVX na «Estrutura xeral do proxecto» (punto V) e no «Cronograma» (punto X) e detallar o orzamento das accións relacionadas co PEVX (art. 7.1).

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

• Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

2019/066

Asociación Raiolas-Lugo

G27255991

• Anexo I: corrixir importe solicitado (art. 5.3) e nº de persoas voluntarias acorde o indicado no proxecto.

• Proxecto de actividades: corrixir a convocatoria a que se concorre, o código de procedemento, a denominación do proxecto e clarificar os importes e porcentaxes no orzamento (art. 7.1).

2019/067

Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia, Amicos

G15747678

• Anexo I: revisar a área na cal se solicita.

• Proxecto de actividades: desagregar orzamento das accións relacionadas co PEVX (art. 7.1).

2019/070

Asociación Xuvenil, Cultural, Deportiva e de Promoción da Saúde Integrad@S

G15973357

• Anexo I: revisar área na cal se solicita, orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: revisar orzamento das accións relacionadas co PEVX (art. 7.1).

2019/071

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

G15456700

• Anexo I: corrixir número da conta bancaria, orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: corrixir nº de beneficiarios acorde co indicado na solicitude, indicar orzamento solicitado, indicar actividades e orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/073

Asociación de Vecinos Afectados por Infraestructuras en el Municipio de Cambre

G15928088

• Anexo I: revisar datos para efectos de notificación e corrixir importe da subvención solicitada (art. 5.3).

• Proxecto de actividades: corrixir importe da subvención solicitada (art. 5.3).

2019/074

Residencia Paz y Bien (Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la I. Concepción)

R3600091G

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Anexo I: corrixir importe solicitado (art. 5.3), orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/076

Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares

G36617082

• Anexo I: revisar datos para os efectos de notificación e corrixir orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

2019/080

Asociación Nós Mesmas pola Loita dos Dereitos das Mulleres Homosexuais e Bisexuais

G27718907

• Certificación de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2019/081

Asociación Centinelas

G70390745

• Anexo I: corrixir importe da subvención solicitada acorde o indicado no proxecto de actividades e o art. 5.3.

2019/083

Asociación Doa, Saúde Mental

G36044295

• Anexo I: revisar orzamento das accións relacionadas co PEVX e datos da persoa de contacto.

• Proxecto de actividades: concretar nº de persoas voluntarias acorde a solicitude e número de días que participará cada unha delas, indicar orzamento solicitado e financiamento do non solicitado, indicar as actividades e o orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar

a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/085

Asociación Centro Xuvenil Don Bosco

G15071566

• Proxecto de actividades: aclarar as actividades e o orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1) acorde coa solicitude presentada e, se non se axusta á dita solicitude, presentar anexo I.

2019/086

Asociación Sustinea

G32422834

• Proxecto de actividades (art. 7.1) acorde coa solicitude presentada.

2019/087

Valoresc Innovation

G70377585

• Proxecto de actividades (art. 7.1) acorde coa solicitude presentada.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2019/088

Asociación Auxilia-Lugo

G08317059

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Anexo I: corrixir datos da entidade solicitante e indicar área na cal se solicita.

• Proxecto de actividades completo (art. 7.1) acorde coa solicitude presentada.

• Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

2019/089

Asociación Erasmus Compostela

G70306394

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Anexo I: corrixir importe solicitado (art. 5.3).

• Proxecto de actividades (art. 7.1).

2019/090

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

• Anexo I: revisar orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: indicar orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

• Certificación de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2019/091

Asociación Extramundi

G70479902

• Anexo I debidamente cuberto: completar a epígrafe de datos específicos do procedemento.

• Proxecto de actividades completo (art. 7.1).

2019/093

Asociación Proxecto Máscaras

G70401518

• Anexo I: corrixir importe solicitado e revisar datos para os efectos de notificación.

• Proxecto de actividades completo (art. 7.1).

2019/094

Arquitectos Sin Fronteras España,

ASF-Demarcación Galicia

G60192614

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Anexo I: revisar datos para efectos de notificación, orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto, indicar área na cal se solicita e revisar nº de persoas voluntarias acorde co indicado no proxecto.

• Proxecto de actividades: indicar nº persoas beneficiarias, orzamento das accións relacionadas co PEVX e a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/095

Federación de Centros Xuvenís

Don Bosco de Galicia

G15450828

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Anexo I: revisar o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: concretar as actividades, o orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/096

Asociación Xuvenil Abertal

G36633394

• Anexo I: revisar o importe solicitado (art. 5.3), o nº de beneficiarios acorde o indicado no proxecto e a área na cal se solicita.

• Proxecto de actividades: revisar data de inicio (art. 5.1) e orzamento solicitado (art. 5.3).

2019/097

Asociación Protectora de Animales

San Francisco de Asís

G15655285

• Anexo I: corrixir orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades completo (art. 7.1).

2019/098

Asociación Protectora de Animais

Os Biosbardos

G27753268

• Anexo I: indicar orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto, indicar área na cal se solicita e revisar nº de persoas voluntarias acorde co proxecto.

• Proxecto de actividades: indicar nº de persoas beneficiarias, datas de inicio e fin das actividades, revisar orzamento acorde co indicado no anexo I, indicar orzamento das accións relacionadas co PEVX e a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/100

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

• Anexo I: revisar data fin acorde co indicado no proxecto, revisar orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

• Proxecto de actividades: revisar datas das actividades, revisar orzamento total (non coincide co detallado por actividades), indicar orzamento solicitado, revisar orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).

2019/101

Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade-ABAS

G70443247

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Proxecto de actividades: indicar o nº de persoas beneficiarias, nº de persoas voluntarias acorde co indicado no anexo I presentado, nº de días que participará cada unha delas e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (art. 7.1).