Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito de estatutos da organización sindical Organización de Estibadores Portuarios de Galicia (OEPG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data 24.6.2019 os estatutos da organización sindical Organización de Estibadores Portuarios de Galicia (OEPG):

(https://expinterweb.empleo.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán afiliarse todos os traballadores e traballadoras, tanto en activo, como en expectativa de emprego, parados e pensionistas, sen distinción de categorías, adicados a actividades relacionadas co transporte marítimo, pesca e navegación tales como os amarradores, remolcadores, traballadores non estibadores das empresas estibadoras, consignatarios, transportistas, autoridades portuarias e administración pública, e en todas aquelas actividades económicas que interveñan no tranporte marítimo realizadas nos portos de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Víctor Manuel Rey González, Francisco Pereira González, David Álvarez Seijo, Ángel Dapena López e Miguel González Lamas.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego