Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega Monte Industria.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo polo que se modifica o artigo 3 dos estatutos da Asociación Galega Monte Industria:

(https://expinterweb.empleo.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán ser membros todas as industrias e industriais que sexan transformadores de madeira en rolla galega, estean interesados na consecución dos fins da asociación e sexan admitidos como socios da xunta de goberno.

Asinantes: José Carballo García e Víctor Torrado Ares.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego