Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 10 de setembro de 2019 Páx. 39765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o inicio do tramite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria de San Tomé (Cartelle).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería Medio Rural, situadas na rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 29 de agosto de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de propietario: 824.

DNI: 76675182J.

Acto notificado: trámite de audiencia.