Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 10 de setembro de 2019 Páx. 39763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no procedemento BS210A, expediente VI-74145.

Despois de tentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración e toda vez que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase á persoa que se sinala no dito anexo ou ao seu representante debidamente acreditado, o acto administrativo que se indica.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada ou o seu representante debidamente acreditado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social sitas na Praza da Estrela, s/n, 3ª planta (Vigo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. No caso de non comparecer no prazo indicado, entenderase producida a notificación.

Advírtese, de conformidade co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que de non efectuar a emenda no prazo que se indique no requirimento terase por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Vigo, 9 de agosto de 2019

A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

VI-74145

36048422Q

Requirimento de subsanación da solicitude

28.5.2019