Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 10 de setembro de 2019 Páx. 39752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador IN635C SANC-IND 2019/1-3.

De conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015 e nos artigos 8.2.b) e 14.1 da Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun (1) mes ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, por elección do demandante, ante o xulgado ou tribunal en cuxa circunscrición teña aquel o seu domicilio ou no que se atope o órgano autor do acto orixinario impugnado. Poderá, así mesmo, interpoñer calquera outro recurso ou exercer calquera acción que xulgue pertinente ao seu dereito.

De acordo co artigo 30 da antedita Lei 39/2015, os anteriores prazos de recurso, fixados en meses, computaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación do presente acto no BOE.

Advírtese que, de non interpoñerse o citado recurso de reposición, en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas que consta no expediente administrativo, a favor do Tesouro da Facenda galega, facendo constar o número de expediente sancionador (IN635C SANC-IND 2019/1-3) e presentar nesta xefatura territorial o xustificante. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Por último, cómpre indicar que, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, así como o resto do expediente, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias da Área Xurídica e Coordinación da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas na rúa Curros Enríquez, número 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 28 de agosto de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

Acto notificado

Data da resolución

DNI

IN635C SANC-IND 2019/1-3

Resolución de expediente sancionador

1 de agosto de 2019

34966299C