Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 9 de setembro de 2019 Páx. 39661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 19 de agosto de 2019 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 18 do polígono 43 do termo municipal de Baralla e da parcela 153 do polígono 72 do termo municipal do Corgo.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 19 de agosto de 2019, o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 18 do polígono 43 do termo municipal de Baralla e da parcela 153 do polígono 72 do termo municipal do Corgo.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 5 de agosto de 2019.

Lugo, 26 de agosto de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo