Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 6 de setembro de 2019 Páx. 39045

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de leiras (URB 38/2019-1293/2019).

Orde de execución de limpeza de leiras nas Mariñas a O Arrabal.

Ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 39 das Mariñas, O Arrabal, Santa María de Oia, termo municipal de Oia (Pontevedra), e resultando descoñecido o titular da parcela 1006 do polígono 39 (ref. catastral 36036A039010060000QE), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada, a fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese da execución subsidiaria á conta da persoa interesada, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Persoa interesada

Referencia catastral

URB/38/2019 (1293/2019)

En investigación.

Propietario descoñecido

36036A039010060000QE

Parcela 1006, polígono 39,

As Mariñas-O Arrabal-Santa María de Oia

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contarse a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 27 de agosto de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa