Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 6 de setembro de 2019 Páx. 39046

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de leiras (expediente URB 36/2019-1286/2019).

Orde de execución de limpeza de leiras, ditadas ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

Ditada a orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 20 da Riña, Santa María de Oia, termo municipal de Oia (Pontevedra), e resultando descoñecido o titular da parcela 83 do polígono 20 (referencia catastral 36036A020000830000QT) en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción por Lei 9/2017 de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación das referencias de expediente e referencia catastral das parcelas afectadas, a fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, en caso de incumprimento das órdenes ditadas, contra os responsables, advertindo de execución subsidiaria por conta do interesado, dacordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase a disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/36/2019 (1286/2019)

Descoñecido

Parcela en investigación

36036A020000830000QT

En todo caso, o cómputo dos prazos comenzará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 26 de agosto de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa