Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 6 de setembro de 2019 Páx. 39034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de agosto de 2019 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/217/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 1 de xullo de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación para uso residencial no lugar de Somonte, Santa María, no termo municipal de Caldas de Reis, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Mª Teresa Crespo González E/R de herdeiros de Teresa González Buceta, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se for o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2019

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo;
DOG núm. 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística