Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícase ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación personal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interés lexítimo no plazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 12 de agosto de 2019
Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/pasaporte |
Resolución |
PR204A 2019/2078-2 |
Y4224395E |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/2231-2 |
33853012W |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/2475-2 |
33795440E |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/2674-2 |
33214194D |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/2825-2 |
Y0016894A |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/2956-2 |
33329073A |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/2998-2 |
33326468C |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/3003-2 |
76576423Q |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2019/3094-2 |
79340642A |
Denegatoria do dereito |