Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 6 de setembro de 2019 Páx. 39039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de agosto de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se citan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 50/2018-CO e nove máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, despois de tentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón do prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar este acto na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da AXI na Coruña.

Transcorrido o dito prazo sen que a persoa interesada comparecese, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 20 de agosto de 2019

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada/DNI/NIF/NIE

Acto notificado

50/2018-CO

46908637E

Acordo de inicio

51/2018-CO

Y1174055B

Acordo de inicio

54/2018-CO

79344484G

Acordo de inicio

56/2018-CO

78802484E

Acordo de inicio

73/2018-CO

76571300E

Acordo de inicio

9/2019-CO

32425443C

Acordo de inicio

46/2019-CO

B24719387

Acordo de inicio

75/2019-CO

32721290H

Acordo de inicio

83/2019-CO

A59575365

Acordo de inicio

87/2019-CO

47375625H

Acordo de inicio