Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 6 de setembro de 2019 Páx. 39037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas actuacións no Camiño Inglés, no treito do polígono do Tambre, de clave AC/17/012.10.5, e no treito do cemiterio-cruzamento de Meixonfrío, de clave AC/18/023.06, en Santiago de Compostela.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 18 de xullo de 2019 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas actuacións no Camiño Inglés, no treito polígono do Tambre, de clave AC/17/012.10.5, e no treito do cemiterio-cruzamento de Meixonfrío, de clave AC/18/023.06, no concello de Santiago de Compostela, polo Decreto 93/2019, publicado no Diario Oficial de Galicia do 1 de agosto de 2019.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento, do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro, resolveu convocar aos titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago de Compostela para que comparezan no lugar, a data e as horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Santiago de Compostela.

Lugar: Centro Asociación de Veciños Casa Agraria, rúa Tabaniscas, nº 12.

Data: 30 de setembro de 2019, das 10.00 ás 11.00 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello de Santiago de Compostela e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña), e publicarase na seguinte ligazón da páxina web da consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_Ps5C&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_Ps5C_content=%2Fopencms%2FPortal-Web%2FContidos%2FAviso%2Faviso_0110.html.

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados para o levantamento das actas previas mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e, ser for o caso, outra documentación que se requira (xustificante do pagamento do IBI, etc.), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, a fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria e poderán facerse acompañar, á súa custa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

A Coruña, 13 de agosto de 2019

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña