Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 5 de setembro de 2019 Páx. 38800

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo

EDICTO (PO 346/2018).

Eu, Elena Menéndez Valdés, letrada da Administración de xustiza do Xulgado número 1 de Mondoñedo, fago saber que no procedemento de referencia se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

En nome do rei,

Cristina Díaz Rodríguez, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 1 de Mondoñedo e o seu partido xudicial, dita a seguinte sentenza,

Mondoñedo, 11 de xullo de 2019.

Vistos por Cristina Díaz Rodríguez, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, os autos do xuízo ordinario 346/2018 en que son partes a demandante MSR-Aluguer de Máquinas e Equipamentos, Lda., representada pola procuradora señora Tella Costa e asistida polo letrado señor Tomé Pazos, e a demandada Construcciones y Alquiler de Maquinaria San Cosme, S.L.U., declarada en rebeldía procesual.

Resolución.

Estimo substancialmente a demanda interposta pola representación de MSR-Aluguer de Máquinas e Equipamentos, Lda., contra a demandada Construcciones y Alquiler de Maquinaria San Cosme, S.L.U., e condénoa a que aboe á demandante a cantidade de 11.127,87 euros, así como os xuros legais correspondentes desde a interposición do monitorio, con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Construcciones y Alquiler de Maquinaria San Cosme, S.L.U., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Mondoñedo, 12 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza