Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38727

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RCUD 168/2019 IP).

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 278/2019 desta sección, seguido por instancia de María Ángeles Fuentes Ríos contra Fogasa, Nueva Omsa España, S.A., Sara Lee de España, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 13 de agosto de 2019.

O anterior escrito, subscrito polo letrado Jorge Ulla Rocha, en representación da recorrente María Ángeles Fuentes Ríos, únese ao recurso correspondente.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Únase á peza separada do recurso de casación para a unificación de doutrina (RCUD) a sentenza de contraste.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sara Lee de España, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de agosto de 2019

A letrada da Administración de xustiza