Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican dous trámites de audiencia a afectados polo proceso de reestruturación parcelaria da zona de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

José Pensado Pais

Trámite de audiencia

Montes de Aro, Campelo, Gonte (Negreira-A Coruña)

Pedro Pensado Pais

Trámite de audiencia

Montes de Aro, Campelo, Gonte (Negreira-A Coruña)