Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de agosto de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de actualización do proxecto de ramal de conexión entre a AG-53 e a N-525 en Dozón (PO/12/132.01), de clave PO/19/027.01, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto de trazado de actualización do proxecto de ramal de conexión entre a AG-53 e a N-525 en Dozón (PO/12/132.01), de clave: PO/19/027.01.

Unha vez en servizo a autovía AG-53, Alto de Santo Domingo (AP-53)-Barbantes (A-52), detectouse a necesidade de completar o enlace de Dozón, que na actualidade non é completo, co movemento Dozón-Ourense.

O presente documento recolle a definición, a nivel de proxecto de trazado, da solución adoptada para o ramal de enlace entre a AG-53 e a N-525 en Dozón, o cal parte da estrada N-525 na contorna do punto quilométrico (p.q.) 275, onde se proxecta unha ampliación do carril de vehículos lentos existente e cruza desde este punto a autovía AG-53 a través dun paso inferior existente no p.q. 59+410 da autovía, para continuar ao longo duns 400 metros ata entroncar coa citada autovía pola súa marxe dereita en sentido Ourense.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de trazado sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, 36071 Pontevedra) e no Concello de Dozón (Médico Fernando Martínez Iglesias, s/n, 36518 Dozón, Pontevedra).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o proxecto de trazado.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de trazado

Actualización do proxecto ramal de conexión entre a AG-53 e a N-525 en Dozón (PO/12/132.01)

Clave: PO/19/027.01

Concello de Dozón.

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Titular

Superficie (m2)

Clase

Uso do Solo

1

36016A02900399

29

399

Otero Fernández, Jesús

350,00

Rústico

Agrario

2

36016A02900320

29

320

Reboredo Rodríguez Rosalía

Reboredo Rodríguez, Carmen

Reboredo Rodríguez, José Manuel

407,00

Rústico

Agrario

3

36016A02900323

29

323

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

35,00

Rústico

Agrario

4

36016A02700202

27

202

Lorenzo Pérez, Andrés

35,00

Rústico

Agrario

5

36016A02700196

27

196

Gutiérrez Reboredo, Antonio Jesús

70,00

Rústico

Agrario

6

36016A02700197

27

197

Rodríguez Pérez, Antonio

100,00

Rústico

Agrario

7

36016A02700170

27

170

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

13,00

Rústico

Agrario

8

36016A02700171

27

171

Reboredo Vázquez, José

41,00

Rústico

Agrario

9

36016A02700172

27

172

Otero Fernández, José

16,00

Rústico

Agrario

10

36016A02700173

27

173

Rodríguez Pérez, Antonio

2,00

Rústico

Agrario