Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 30 de agosto de 2019 Páx. 38434

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de notificación do Decreto da Alcaldía do 14 de agosto de 2019 en procedemento de xestión de biomasa vexetal e adaptación de plantacións á propiedade dos predios de referencias catastrais 27067A023002440000XX e 27067A023002330000XL, sitas na Carreira, Covas, concello de Viveiro (Lugo), con número de expediente 5869/2019.

Mediante Decreto da Alcaldía comunícase a José Canoura Díaz titular catastral da parcela 244 polígono 23 con referencia catastral 27067A023002440000XX; e a David Basanta Miranda e Elia Basanta Miranda, titulares catastrais ao 50 % da propiedade da parcela 233 polígono 23 con referencia catastral 27067A023002330000XL, despois de realizar a visita de inspección polo Servizo de Vixilancia Urbanística dos predios da súa propiedade sitas na Carreira, Covas, Viveiro, compróbase que non teñen procedido a cumprir a obriga que se deriva do artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, no relativo á xestión da biomasa vexetal e á retirada de especies arbóreas prohibidas, polo que son requiridas como persoas responsables e concédeselles para facelo un prazo máximo de 15 días naturais.

Sendo descoñecido o domicilio fiscal dos titulares catastrais interesados no procedemento e en cumprimento do disposto no punto c) do artigo 22 da citada Lei 3/2007 procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. O prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Indícase que o texto íntegro do acto que se notificará, así coma o expediente no seu conxunto, atópanse á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro.

Viveiro, 14 de agosto de 2019

María Loureiro García
Alcaldesa