De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo, a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázase á persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, para que no prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 8 de agosto de 2019
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente: 2004/428-5.
Interesado: Antonio Rodríguez Martínez.
Acto que se notifica: resolución administrativa de data 26.11.2018.
Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa e modificación de recurso administrativo.