De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
A Coruña, 20 de agosto de 2019
Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Expediente: AC-025/19.
NIF: B15973910.
Establecemento: El Malandro.
Enderezo: rúa Santiago de Chile, 2.
Localidade: Santiago de Compostela.
Preceptos infrinxidos: artigo 109.2, letra b), da Lei 7/2011.
Resolución: 5 de agosto de 2019.
Sanción: multa por importe de cen euros (100,00 €).