Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 29 de agosto de 2019 Páx. 38246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 184/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 184/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Ferreiro Bello contra Perfume Vip, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 184/2019 sobre despedimento, seguidos por instancia de Marta Ferreiro Bello, asistida pola letrada Sra. Rudiño Agrafojo, contra Perfume Vip, S.L.

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Marta Ferreiro Bello contra Perfume Vip, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 30 de xaneiro de 2019 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 39,65 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 4.470,50 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Condeno, así mesmo, a demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.375,54 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina.

E para que sirva de notificación en legal forma a Perfume Vip, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza